Cuatro Patas é unha clínica veterinaria
esixente no exercicio da súa actividade profesional.
Para facilitar este labor, a familia do paciente é esencial, polo seu apoio ao animal e pola información que pode aportar. Existen tres factores fundamentais na saúde de todos os seres vivos: a xenética, o contorno e a nutrición. Coidando escrupulosamente os dous últimos podemos garantir que a calidade de vida dos animais sexa a desexada polos seus propietarios.

Cuatro Patas dispón do equipo técnico e humano preciso para ofrecer un servizo veterinario integral (hospitalización, traumatoloxía, cirurxía, ecografía, radioloxía ...) pero ademais se distingue por contar con especialidades terapéuticas tan novidosas como a acupuntura e a homeopatía. O servizo de cita previa permite unha mellor organización no desenvolvemento do traballo, en beneficio dos pacientes, polo que se agradece a solicitude do mesmo.

empresa | recepción | estética | administración

 

© Cuatro Patas Clínica Veterinaria, S.L. Taboada Leal, 9 - 36203 Vigo | Teléf. 986 415 055 - Fax. 986 122 338